PROCEDEMENTO: Unha vez recibida a súa solicitude e examinada a documentación achegada, a proposta de admisión do/a novo/a socio/a trasladarase á primeira reunión da Xunta Directiva da Asociación que se celebre con posterioridade á solicitude. Unha vez acordada pola Xunta Directiva a admisión, notificaráselle o devandito acordo aplicándoselle os dereitos e obrigacións establecidos nos Estatutos Sociais.
PROTECCION DE DATOS: En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, a PLATAFORMA VECIÑAL NON Á DEPURADORA EN SAMIEIRA infórmalle que os datos persoais obtidos mediante a cumplimentación deste formulario van ser incorporados, para o seu tratamento, a un ficheiro automatizado. Así mesmo, infórmaselle que a recollida e tratamento dos devanditos datos ten como finalidade o alta e xestión dos seus dereitos e obrigacións como socio/a desta Asociación. De acordo co previsto na citada Lei Orgánica, pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixindo un escrito ao domicilio social da asociación ou ao enderezo electrónico: nondepuradorasamieira@gmail.com.